Noticias

Galería

Enlaces

Discografia

Foto de noticia.
DISCOGRAFÍA
Son xa 21 anos percorrendo, non só o mundo musical, senón tamén o literario e cultural en xeral. Ademáis dos 10 discos editados, A Quenlla dá voz e música a varios vídeos como "A Historia da Lingua Galega", "70 anos de nacionalismo", "Os señores da palabra" e "Luis Pimentel", editados pola productora Ophiusa, aledando tamén maxistralmente "Manuel María da Terra Cha" e "Fiz Vergara Vilariño", de Citania de Publicacións.

En 1986 sae á luz o seu primeiro traballo: "Os tempos inda non, non son chegados" cun monográfico de Manuel María que abrangue toda a Cara A. Como non era de esperar as letras son unha crítica feroz e directa á situación socio-política do momento e á defensa da terra e da lingua. Incluía tamén poemas de Darío Xohán Cabana, Celso Emilio Ferreiro e incluso creacións propias conxugadas sempre coa música tradicional do país.

Dous anos máis tarde viría "Európolis'88" que, como o nome indica, é unha defensa dos intereses e valores de Galicia, mermados pola entrada de España na entón CEE. Volvemos ter unha mestura de ritmos, tradición e canción de autor.

Recén comezada a década dos noventa, aparece en setembro "Máis alá da néboa", título que fai alusión a un verso do poema de Luís Pimentel "As cunetas" incluido neste traballo e que vén pechar o álbum. Unha vez máis xorden fermosísimos poemas de Luís Seoane, Lorenzo Varela e unha pequena incursión na literatura que nos vincula coas voces e coa música portuguesa con "A Galiza mailo Minho".

En novembro de 1992 xorde "Terra" cunha primera canción moi intensa en sentimento, nada dun poema de Méndez Ferrín que foi chamada "Quero dicir teu nome". Musicalmente "Terra" é unha novidade, pois coa súa característica ironía e sentido do humor atrevéronse co ritmo de salsa e cumbia sen perder poe lo intensidade e calidade musical.

Só un ano máis tarde, e baixo a dirección musical e idea orixinal de Xesús Mato, sae ao mercado "Nadal en galego: Galicia canta ó neno": una recopilación de panxoliñas e cantos de reis recollidas en diversos lugares de Galicia.

"A casa que nunca tivemos", en 1996, sería xa o 6º disco de A Quenlla e supón tamén unha novidade en canto á música e composición. Neste traballo cántanlle á terra "o salouco do noso cantar, breve, amargo e primitivo, mesmo rouco", e que trata de ser "a epopeia de Galicia, a epopeia dos que padeceron a historia". "A casa que nunca tivemos" é un musical que, na súa primeira parte presenta a Galicia, "unha nai que non ten casa para acochar aos fille que paire", mentras a segunda -cando sexa- será unha explosión de humor e a última, tamén por vir, "unha aposta polo amor ao noso, pola esperanza e polo futuro porque a solución non é chorar nin evadirse". O disco vai alternando cancións, pezas só musicais, e recitados con letras de Marica Campo.

Ademáis de dúas cintas de canción infantil galega para a apredizaxe da música, "Xogando coa música", A Quenlla editou dous CD's recopilatorios dos seus primeiros traballos en casette e vinilo. Así aparecen baixo os títulos de "As nosas cancións. Vol. I" e "As nosas cancións. Vol. II", en 1997 e 1998, respectivamente.

En 1999 e con colaboración da FEGAD (Federación Galega de Asociacións de Axuda ó Drogodependente) editan "Namórate da vida". É este disco unha compilación de versos de distintos poetas que evidencian os perigos da droga.

O seu último traballo, "Silencios na memoria", saiu ao mercado en 2004. Nun doble álbum voltan a mesturar poemas propios, alleos e tradición, se ben agora inclúen Cantos de cego por primeira vez. As letras voltan a ser duras e críticas coma nos primeiros tempos e inclúen un poema do poeta castelán Marcos Ana traducido ao galego no que relata a dura experiencia da cadea e a represión franquista. Musicalmente, en "Silencios na memoria" vese unha clara madurez e profesionalidade que viñeron a demostrar que A Quenlla está en constante creación e innovación.

Posteriormente a este disco, xurdiu tamén en 2004 o "Chill Out Celta en Galicia". Baixo a dirección, realización e producción de Alfredo Garrido, "A Quenlla" colabora, entre outros artistas, neste enxeñoso proxecto. Trátase dunha interpretación musical de textos, case todos de Mero -un componente do grupo- sobre soportes musicais xa coñecidos de aquí, de Irlanda, Escocia, Gales e Bretaña.

Actualmente, "A Quenlla" traballa nun próximo disco monográfico do recén desaparecido Manuel María, no que se lembrará e dignificará a loita dos "Irmandiños". Tamén está en proxecto un novo CD de panxoliñas e cantos de reis que podería ver a luz o próximo Nadal.
Foto de noticia.
A QUENLLA ADIANTA NOVAS SOBRE O SEU ÚLTIMO PROXECTO

Pois ben, que vimos de rematar a grabación do noso último traballo chamado "Unha vez foi o trebón", un disco monográfico sobor das revoltas irmandiñás sobre textos de Manuel María.
Se todo sigue sobre a liña, coidamos que verá a luz no vindeiro mes. A ver que vos parece....