Noticias

Galería

Enlaces

Xosé Luis Rivas, Mini, y Baldomero Iglesias, Mero, galardonados con el Pedrón de Ouro

Foto de noticiaLos investigadores, compositores e intérpretes Mini y Mero, han sido galardonados con el Pedrón de Ouro que recogerán el 24 de mayo en un acto que se complementa con una ofrenda floral en la Casa Museo de Rosalía de Castro y la entrega del Pedrón de Honra a Mariana Ploae-Hanganu.

Nota de prensa remitida por la organización del Pedrón de Ouro:

Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, más coñecidos como Mini e Mero, intérpretes e investigadores da nosa música popular, foron promotores do colectivo Fuxan os Ventos do que formaron parte durante 10 anos. En 1984 fundaron o grupo de música tradicional A Quenlla, ao que pertencen actualmente e co que levan editados 10 discos e co que promoveron proxectos contra a drogadicción (Namórate da vida) e monográficos como Aldraxes contra a xistra; Os tempos inda non, non son chegados; Os Irmandiños; Unha vez foi o trebón; A casa que nunca tivemos; Terra, Silencios na memoria, etc.

Como mestres anovadores desenvolveron múltiples actividades consonte á renovación pedagóxica, integrados no entorno rural no que imparten a docencia. Así, son autores de materiais musicais e literarios, contos, lendas, poemas discos e refráns, libros de texto de ciencias sociais, naturais e lingua galega para o ensino infantil e primario.
Paralelamente levan corenta anos desenvolvendo un inmenso traballo de investigación musical a través de toda Galicia, pero especialmente pola súa Terra Cha natal e polas terras de Boimorto e Mesía, onde exercen a súa profesión de profesores, en busca de persoas dispostas a compartir a súa sabedoría popular.

Todo este material por eles recollido en miles de cintas magnetofónicas foille cedido por Mini e Mero ao Museo do Pobo Galego para ser dixitalizado e pasar a formar parte do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade para que volvan ao pobo do que saíron, tal como a xente do pobo llelas fixo chegar a eles.

Pedrón de Honra: Mariana Ploae-Hanganu

Mariana Ploae-Hanganu, profesora da Universidade de Bucarest e investigadora do Instituto de Lingüística da Academia Romanesa en Bucarest, vén realizando, desde hai moitos anos, un gran labor de difusión en Romanía das linguas e literaturas galega e portuguesa.

Autora dun manual de fonoloxía portuguesa para estudantes romaneses e de traballos sobre o ensino deste idioma, publicou diversos traballos sobre os crioulos e doutorouse en 1983 cunha tese sobre o crioulo portugués de Africa. Outras das súas liñas de investigación son os traballos sobre Mourão Ferrreira, Vasco Cabral, Eugénio de Andrade ou Machado de Assis. Nesta liña ocupa un papel sobranceiro o seu papel de tradutora ao romanés da prosa e da poesía de Miguel Torga, do que é boa mostra o libro Povestiri montane. Poeme lusitane (1989).

A finais dos 80 comezou a preocuparse polo estudo da lingua galega. En 1989 participou en Santiago de Compostela no XIX Congreso Internacional de Lingüística e Filoloxía Románica e en 1994 en Oxford no IV Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, cun relatorio sobre as sibilantes do galego e do romanés.

Na década de 1990, primeiro na revista mensual Calende e logo no semanario de literatura Luceaf_rul, que edita en Bucarest a Unión dos Escritores de Romanía, publica traducións da prosa de Castelao e de Méndez Ferrín e poesías de Celso Emilio Ferreiro e Cunqueiro, acompañadas dunha introdución biobibliográfica de cada autor.

Nos últimos anos estivo traballando na tradución de toda a prosa literaria de Castelao ao romanés, do que é resultado o libro Castelao. Memoriile unui schelet. Opera narativ_. Teatru, Bucure_ti, Editura Semne (2008) con tradución, notas e unha ampla introdución titulada “Castelao, un home, unha obra, unha época”.